Vicerreitoría do Campus de Ourense - Universidade De Vigo

Campus convida

Campus ConVida

¿Que é "Campus ConVida"?

"Campus ConVida" representa unha firme aposta por crear, a través da investigación, a formación e a sensibilización, un entorno educativo que reforce e promova condutas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria. Queremos converter á Universidade de Vigo nun referente de compromiso coa mellora da saúde e a calidade de vida.

Este proxecto iníciase cunha iniciativa piloto para o Campus de Ourense, financiada polo Consello Social, e que ten como obxectivo final ampliarse no futuro ao resto dos campus da Universidade.

¿Quen Somos?

O proxecto "Campus ConVida" está a ser desenvolto por unha comisión técnica na que se integran especialistas nas diferentes áreas de coñecemento relacionadas coa promoción de estilos de vida máis activos e saudables así como por alumnado do campus de Ourense. O obxectivo é tamén chegar a contar cunha visión global e integradora dos intereses, motivacións e hábitos que sobre a saúde ten a comunidade universitaria en xeral, e o alumnado en particular. Esta comisión está formada por:

  • María Lameiras Fernández, Vicerreitora do Campus de Ourense
  • Javier Rial Boubeta, responsable do servizo de deportes do Campus de Vigo
  • Román Lago Bea, coordinador das actividade de deporte e saúde do Campus de Vigo
  • Rodrigo Alberte Pivida, técnico responsable do servizo de deportes do Campus de Ourense
  • Angélica Ferro Cid, responsable do servizo de Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense
  • Jose María Failde Garrido, área de coñecemento en Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Julia de la Montaña Miguélez, área de coñecemento en Nutrición e Bromatoloxía
  • Guillermo Santos Santos, coordinador das actividades de deporte e saúde do Campus de Ourense
  • Mª Reyes Pérez Fernández, profesora da Escola Universitaria de Enfermería do Campus de Ourense.

Primeiras Actuacións

  • Diagnose da situación de partida

    O primeiro paso deste proxecto foi a realización dun estudo de diagnose que permitise avaliar a situación de partida da comunidade universitaria no referente aos seus estilos de vida saudables. Para acadar este fin elaborouse en marzo do 2011 unha enquisa con preguntas sobre saúde xeral, consumo de alcol, hábito tabáquico, alimentación, actividade física, conduta viaria, satisfacción académica e conduta sexual e seleccionouse unha mostra representativa do alumnado de 1º curso, do PDI e do PAS do Campus de Ourense.

    Os primeiros resultados obtidos da investigación correspondentes ao alumnado de 1º curso identifican os ámbitos da alimentación, o consumo de alcohol e tabaco, a valoración persoal sobre a actividade física realizada e as relacións sociais como os ámbitos de actuación prioritarios para a mellora dos estilos de vida da poboación obxecto de estudo. Podes consultar os resultados detallados da investigación no seguinte enlace:

    Resultados investigación

  • Listado de Actividades Saudables do 2º cuatrimestre no Campus de Ourense

    Listado de actividades do 2º cuatrimestre

    Actividade adicional (Música e sociedade no século XXI) - 2º cuatrimestre

  • I Concurso de Iniciativas Saudables por un Campus ConVida

    Trátase de que a comunidade universitaria propoña iniciativas, ideas ou proxectos relacionados co desenvolvemento dun campus máis saudable. Valorarase de xeito especial a viabilidade e orixinalidade das propostas así como que estas poidan ser levadas a práctica.

    Os obxectivos destas accións serán o de sensibilizar aos mozos e mozas en calquera dos ámbitos que se relacionan cun estilo de vida máis saudable: actividade física e alimentación saudables, consumo de alcohol, tabaco e outras drogas, conduta sexual responsable, educación viaria, coidado do medio ambiente, …

    Data límite de presentación de propostas: 16 de xaneiro do 2012.

    Bases

    Formulario inscripción

    Acordo do Xurado

Vicerreitoría do Campus de Ourense | Campus As Lagoas | C.P. 32.004 | Ourense | España | webmaster-ou@uvigo.es