Vicerreitoría do Campus de Ourense - Universidade De Vigo

Fundación Universidade de Vigo

A Fundación da Universidade é unha oficina dotada de persoal técnico que traballa para fomentar as oportunidades de achegamento á práctica preprofesional do alumnado universitario e establecer unha colaboración entre as empresas e a Universidade de Vigo.

As principais áreas de actuación son:

  • A xestión de prácticas preprofesionales en empresas e institucións públicas e privadas.
  • O seguimento do estudante e o seu asesoramento no relativo á realización da sua práctica preprofesional nunha entidad.
  • O asesoramento a emprendedores.
  • O programa de iniciativas de empleo de base tecnolóxica: técnicos especializados en IEBT da Consellería de Traballo.

Contacto:

Dirección de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono de contacto 988 368 898

Localización Edificio administrativo - Planta Soto - Campus as Lagoas - 32004 - Ourense

Área de Emprego Área de Emprego

Fundación Fundación Universidade de Vigo

Horario Horario de atención ao público: De luns a venres de 8:00h a 15:30h

PRÁCTICAS EN EMPRESAS E INSTITUCIÓNS SUXEITAS AOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN EDUCATIVA

Destinatarios:

Estudantes co 50% dos créditos, necesarios para obter a súa titulación, superados.

Características xerais:

  • Período de realización: ao longo de todo o curso académico.
  • Duración máxima: seis meses.
  • Xornada diaria aconsellable: cinco horas, de luns a venres.
  • A empresa ou institución convocante da práctica poderá conceder unha axuda con carácter de bolsa.
  • Poderán validarse por créditos de libre elección nas titulacións que recollan esta posibilidade.

Prácticas para realizar o proxecto fin de carreira suxeitas aos programas de cooperación educativa:

Destinatarios:

Estudantes que teñan pendentes co 50% dos créditos, necesarios para obter a súa titulación, superados.

Características xerais:

  • Período de realización: ao longo de todo o curso académico.
  • Duración máxima: seis meses.
  • Xornada diaria aconsellable: cinco horas, de luns a venres.
  • A empresa ou institución convocante da práctica poderá conceder unha axuda con carácter de bolsa.
  • Poderán validarse por créditos de libre elección nas titulacións que recollan esta posibilidade.

EMPRENDEDORISMO

Obxectivo:

A través do seu programa OFIE caracterízase polo seu traballo activo cara a detección de proxectos de carácter innovador e cun alto contido tecnolóxico.

Destinatarios:

  • Universitarios de todas as áreas de coñecemento da Universidade de Vigo e o ex-alumnado que teña rematado recentemente os seus estudos.
  • Personal docente e investigador.
  • Persoal de administración e servizos e persoal técnico.

Programa OFIE:

  • Vertébrase arredor de seis bloques principais:
  • Asesoramento personalizado
  • Accións de difusión
  • Accións de formación
  • Programa de IEBT´S (iniciativas de emprego de base tecnolóxica)
  • Colaboración con outras entidades e outros eventos
  • Realización de informes

ORIENTACIÓN AO EMPREGO

Obxectivo: Orientacións individualizadas e obradoiros grupais

  • Ferramentas para a procura activa de emprego
  • Axuda na creación de CV e cartas de presentación
  • Orientación cara o enfrontamento de entrevistas de traballo
  • Estratexias para a toma de decisións persoais e profesionais
  • Técnicas para potenciar habilidades sociais e persoais
  • Informacións sobre:
  • Empresas según sectores de empregabilidade
  • Cursos e formacións complementarias.
  • Bolsas: estudo, emprego, investigación…
  • Ofertas de emprego
  • Enlaces de interese onde procurar información sobre emprego e formación
  • Ofrécense itinerarios persoais de inserción
Vicerreitoría do Campus de Ourense | Campus As Lagoas | C.P. 32.004 | Ourense | España | webmaster-ou@uvigo.es